O Concello de Teo publica as listaxes provisionais de admitidos/as nas escolas infantís municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

O Concello de Teo publica as listaxes provisionais de nenos e nenas admitidos/as nas escolas infantís de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Agora ábrese un prazo que remata o 2 de maio para que se poidan presentar reclamacións. Estas deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello a través dunha instancia acompañada da documentación que xustifique a reclamación.

Unha vez se revisen as reclamacións publicaranse as listaxes definitivas entre o 15 e o 21 de maio. Dende o departamento de Benestar lembrase que calquera persoa que teña dúbidas sobre o seu expediente ou sobre as listaxes pode consultalo nas oficinas dos servizos sociais en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo de matrícula desenvolverase entre o 1 e o 15 de xuño para as persoas que acaden praza.

Estas listaxes provisionais recollen 31 solicitudes en agarda, todas en horario de mañá. De feito na maioría das unidades dos tres centros municipais hai prazas libres de tarde. Por idades no grupo de 0 a 1 anos hai só unha solicitude en agarda; no grupo de 1 a 2 anos hai dezaseis que non acadaron praza e no grupo de 2 a 3 anos catorce en agarda.

Aínda que non son as definitivas na análise destas cifras vese unha demanda deste servizo inferior á doutros anos. Un exemplo, relacionado directamente co número de nenos nados, é que a maioría das solicitudes de bebés, de nenos de 0 a un anos acadaron praza. Só un está polo momento en agarda.

23 de abril de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.