O Concello de San Amaro reúnense coa Xunta para dotar de equipamento ao centro de estudos budistas
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, para abordar a instalación de novos equipamentos no Centro de Estudos Tibetanos que posúen os monxes asentados no Lugar de Ventoselo, próximo ao núcleo de San Amaro, dende o ano 2011.
Durante o encontro a secretaria xeral trasladou a necesidade de tramitar un Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións que deben promover os propios monxes e tramitar o concello, co fin de crear una biblioteca, ademais doutros equipamentos que completen o Centro de Estudos Budistas que dispón dun ámbito de preto de 20.000 metros cadrados.
O alcalde trasladou que os monxes budistas asentáronse no concello no ano 2011, nun principio adquirindo unhas vivendas que foron rehabilitadas previa autorización autonómica da Xunta para acoller as instalacións que precisan para o desenvolvemento da súa actividade.
A boa integración dos monxes cos veciños de San Amaro, así como o éxito acadado polo centro que converteuse nun lugar de retiro e peregrinaxe para os practicantes do Budismo, converteu ao centro de estudos budistas nun recurso de atracción turística. Esta circunstancia foi decisiva para que os monxes pretendan ampliar as instalacións introducindo novos equipamentos financiados por eles mesmos.
Rivas Díaz expuxo a tramitación que conleva un Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (artigo 71 da LOUGA). Este instrumento de planeamento ten por obxecto o establecemento e ordenación de infraestruturas básicas relacionadas coa instalación de novos equipamentos, accesos, tanto de carácter público como privado, incorporando as determinacións necesarias para a súa correcta ordenación no entorno.
Unha vez que o concello de San Amaro aprobe inicialmente en Pleno o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, deberá expoñerse ao público por un prazo dun mes e solicitar informe a Patrimonio. A continuación o concello deberá remitilo á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a emisión do Informe Previo á Aprobación Definitiva.