O Concello de Salceda de Caselas vai a realizar a charla coloquio “Un paseo polo Sáhara”
A concellaría de Xuventude, dirixida pola Concelleira Loli Castiñeira, vai a realizar unha xornada de charla-coloquio o próximo venres 12 ás 20:00 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.
A xornada centrarase no traballo realizado por diferentes xóvenes no Sáhara en diferentes proxectos de cooperación, onde comentarán a súa experiencia nestes proxectos e as súas experiencias persoais, así coma as relacións establecidas cos nativos do lugar.
A finalidade da charla, é coñecer un pouco máis a laboura dos xoves dentro da cooperación internacional, e tamén as eivas que teñen que solucionar para levar a cabo os Proxectos de cooperación.
Ademáis da charla proxectarase un documental do Sáhara que leva como nome : “Retrato en los confines del Mundo: Los hijos del Sáhara” que fai unha reportaxe sobre a situación actual dos refuxiados saharauis que están dende o 1975 nos campamentos de Tinduf, en Argelia. Dende o Concello de Salceda quérese facer un chamamento a todas as persoas que queiran coñecer un pouco máis a situación do Sáhara, e que poidan participar nun coloquio realizando as cuestións que crean necesarias a aclarar.
A Concelleira Loli Castiñeira, asegura que “é moi importante que as persoas poidan coñecer outras realizades a parte da nosa, a xuventude comparte moitas inquietudes participando activamente en moitos proxectos que perseguen un benestar social. É de admirar que os nosos xoves queiran traballar en diferentes proxectos que intenten dalgunha forma, mellorar a situación das persoas”











