O Concello de Pontevedra pecha o programa da Xornada de Patrimonio no Rural
A Concellaría de Patrimonio Histórico que dirixe Luís Bará mantén aberta o prazo de inscrición para as actividades da Concellaría do segundo trimestre do ano.
O vindeiro fin de semana, 12 e 13 de abril celebraranse as segundas “Xornadas sobre Patrimonio no Rural. Patrimonio, Territorio e Desenvolvemento rural” na Misión Biolóxica.
As persoas interesadas en asistir a estas xornadas poderán inscribirse no correo electrónico patrimoniocultural@cultura.eu indicando o nome, apelidos, teléfono, e correo electrónico.
A programación desta segunda Xornada de Patrimonio no Rural xa está pechada e é a seguinte:
Vernes, 12 de abril
– 16.30 h. Recepción de participantes no salón de actos
– 17h. Conferencia de apertura de Begoña Bas sobre patrimonio etnográfico: “Un patrimonio para coñecer, valorar, actuar, gozar”.
– 18 h. Mesa de experiencias institucionais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais: Cristina Cid, concelleira de promoción económica de Allariz e Joao Alpuim Botelho, director do Museo do Traje e coordinador dos núcleos museolóxicos das parroquias de Viana do Castelo.
– 19.30 Mesa de experiencias sociais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais: Rafa Beceiro, coordinador Proxecto Esmelle (Asociación Veciñal Valle de Esmelle-Ferrol) e José Bravo, coordinador da Aula do Almofrei (Comunidade de Montes do Salgueiral, Bora-Pontevedra)
Sábado 13 de abril
– 10 h. Conferencia de Ignacio Muñiz Jaén, director do Ecomuseo do río Caicena (Córdoba): “O Ecomuseo do río Caicena en Almedinilla (Córdoba): desenvolvemento rural desde o patrimonio histórico-natural e a participación cidadá”
– 11 h. Presentación de iniciativas sobre patrimonio, territorio, custodia, desenvolvemento: Ramón Magdalena (Asociación Galega de Custodia do Territorio): “Custodia do Territorio: concepto e situación actual” e Paula Lubián (Feitoría Verde). “Ruralactivo: programa de dinamización do patrimonio de Xeve-Pontevedra”
– 12.30 h Mesa de experiencias sobre iniciativas de custodia do territorio: Fernando Bandín: Fundación Fragas do Mandeo e Gonzalo Sancho: Asociación Vaipolorrío (Pontevedra) e Mario Touceda Torres: Fundación Terra Termarum (Castrolandín-Cuntis)
– 13.30-14.30 h Visita guiada á Misión Biolóxica de Galicia.
– 15 h Xantar. A participación na xantar é opcional. Inscrición previa, prezo 15 euros.











