O Concello de Ourense presenta “Sendo diferentes, sexamos iguais”, programa de prevención de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A concelleira de Educación, Ana Garrido, presentou esta mañá a campaña de sensibilización “Sendo diferentes, sexamos iguais”, programa de Educación en igualdade e prevención da violencia de xénero, para centros de Educación Primaria, destinado tanto a alumnos e alumnas coma as ANPAS.

O II Plan para a Promoción da Equidade de xénero do Concello de Ourense 2010-2014 suliña que “o sistema educativo e todos os seus compoñentes constitúen un dos principais axentes para poder avanzar cara a unha igualdade real de oportunidades que non regule e limite a vida das mulleres e dos homes, agora e no futuro”.

“Sendo diferentes, sexamos iguais” ten coma obxectivo xeral fomentar a coeducación nos centros de Educación Primaria como xeito de previr conductas sexistas, moi enraizadas aínda na nosa sociedade. No caso dos rapaces, entender o xénero coma construcción social, previr a formación de estereotipos, coñecer conceptos clave en educación para a igualdade, coma as catro “d”: diferencia, diversidade, discriminación e desigualdade; e estimular a resolución pacífica de conflictos.

No caso da familia, coma exente socializador e xerador de conductas, o programa tenta previr a formación e consolidación de roles e estereotipos tradicionais do home e da muller, a violencia de xénero e conductas ou linguaxe sexistas. Así mesmo, contribuír a darlle maior importancia ás actividades extraescolares, á lectura, ós contos, ás películas… á hora de previr ou fomentar conductas sexistas nos nosos fillos e fillas.

O programa “piloto” e de un certo modo experimental, consolidándose este ano polo incremento das demandas dos centros recibidas pola Concellería de Educación. Esto permite darlle unha continuidade o proxecto e profundizar moito máis nos contidos e obxectivos a acadar, evitando que quede relegado a actividades puntuais, sendo moi difícil deste xeito conquerir os obxectivos.

Os centros do Concello de Ourense que demandaron algunha das actividades ofertadas no Programa tanto no curso 2011/12 como no presente curso 2012/13 foron os seguintes:

– Irmáns Villar

– Mestre Vide

– O Couto

– Prácticas/ Anexa

– A Ponte

– Concepción Arenal

– Sto. Angel

– Divino Maestro

– Vistahermosa

– Albino Núñez

– Manuel Sueiro

– CEE Miño

– Padre Feijoó

– A Purísima

As actividades realizadas nos centros educativos inclúen charlas, obradorios e conferencias citando entre outras:

– A Historia Non Contada Das Mulleres (3º ciclo)

– A Violencia de  Xénero. Causas e Consecuencias (3º ciclo)

– Actividades 19 de marzo:”Día do Pai Igualitario” (1º e 2º ciclo)

– Diferenza Cultural e Xénero.”Mulleres do Mundo”

– Medios de Comunicación e Transmisión de Estereotipos (2º ciclo)

– Na casa todos Iguais. Actividade de fomento da corresponsabilidade (3º ciclo e ANPAs)

– O sexismo nos contos tradicionais. Unha análise crítica:”Imos darlle a volta ós contos” (1º e 2º ciclo)

– Prevención da Violencia de Xénero dende a Familia: as diferenzas entre mozos e mozas. (ANPA)

– Socialización Diferencial: os nenos e as nenas (1º ciclo)

– Video-Forum

A metodoloxía empregada é fundametalmente práctica, e máis no primeiro e segundo ciclo académicos, empregando recursos coma o xogo, lectura, proxeccións, música, facendo deste xeito moito máis fácil acadar a atención dos nosos destinatarios e con elo que a actividade sexa o máis lúdica posible.

Ó rematar a actividade a monitora pásalle un breve cuestionario de evaluación á persoa encargada onde se puntúan cuestións básicas como: idoneidade dos contidos a tratar, da metodoloxía, tempo….e ó final unha evaluación global da actividade.

22 de abril de 2013 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.