O Concello de Ortigueira instalará iluminación led na Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

O Concello de Ortigueira emprenderá nas próximas semanas, dentro do DTC94, unha nova actuación de mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais. Nesta ocasión, o obxectivo non é outro que substituír os elementos de iluminación tradicional das oficinas municipais por iluminación led, de baixo consumo.

Esta actuación é a máis importante de cantas se inclúen no paquete de melloras en edificios municipais adxudicado á empresa Ormer Construcciones SL. dentro do plan cofinanciado pola Deputación da Coruña.

A intervención consistirá no cambio das luminarias tradicionais (tubos, halóxenos…) existentes na Casa Consistorial por iluminación led, afectando o proxecto non só ás oficinas e despachos municipais senón tamén ao claustro e a sala de exposicións, situada na primeira planta.
O obxectivo é reducir o consumo eléctrico e apostar por unha iluminación máis económica, ecolóxica e, en definitiva, sa. Aínda que leve consigo un notable investimento inicial -máis de 12.000 euros- a actuación é peza fundamental o plan de aforro municipal.

É un paso para máis cambiar a cultura do consumo excesivo e formular ao conxunto do municipio a necesidade de impulsar a unha política decidida de aforro enerxético. Neste sentido, aplicáronse outras medidas como a aposta pola progresiva implantación da iluminación pública de policía a partir de determinadas horas da noite, ou a instalación de paneis solares.

O proxecto de posta a punto de edificios públicos, presupostado nuns 30.000 euros, incluirá ademais melloras na residencia de anciáns, destinadas neste caso a mellorar o illamento térmico do edificio e, polo tanto, tamén reducir a factura eléctrica, e noutros inmobles como a escola de música ou o antigo escolar Dos casás.

2 de abril de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.