O Concello de Ordes finaliza os cursos de inciación á cociña

Clausura do curso de cociña
Esta semana o Concello de Ordes rematou o curso de iniciación á cociña tras varios meses de clases teóricas e prácticas. Unha actividade na que participaron unha ducia de veciños e veciñas que aprenderon a elaborar, entre outros pratos, flan de café, arroz mariñeiro, brazo de xitano, guiso de carne, lasaña de verduras, bica, mexilóns en vinagreta, croquetas caseiras ou lubina ao forno. Os alumnos e alumnas aprenderon tamén diferentes técnicas de cociñado e un sinfín de consellos para conservar ou resaltar o sabor e apariencia dos alimentos. Durante os vindeiros dous meses o Concello de Ordes continuará co curso de perfeccionamento que imparte o cociñeiro Manuel Vieites, o cal ten lugar todos os venres á noite.











