O Concello de Oleiros organiza un novo curso de Mediación en Conflitos
O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, a través do seu programa de Educación para a Saúde, DESMÁRCATE, levará a cabo co alumnado do IES Neira Vilas un ano máis o obradoiro formativo para mediadores.
O Concello, desde o ano 2004, leva o programa formativo de mediadores nos IES do Oleiros, colaborando nunha primeira fase co profesorado en distintas accións que axudaron á creación e consolidación dun grupo estable de mediadores no Centro, como é o caso do IES Neira Vilas de Perillo.
Neste curso escolar organizase un novo curso formativo e de actualización de mediadores co obxecto de formar a novos mediadores e mediadoras a vez que reforzamos o traballo dos xa existentes. Dito curso levárase a cabo na Casa da Cultura de Perillo todos os mércores de 16:00 a 18:00 ata o 22 de maio. O curso formativo será impartido de novo polo equipo de profesionais no campo da educación para a saúde de ASEDUC, responsables deste programa.











