O Concello de Oleiros organiza o VIII Festival de Bandas de Música
O Concello de Oleiros organiza o VIII Festival de Bandas de Música, onde a Banda Sinfónica da Escola Municipal de Música de Oleiros compartira cartel e escenario coa Banda de Música de Catoira. O Festival terá lugar o domingo 21 de abril ás 12 horas no Auditorio municipal Gabriel García Márquez de Mera. A entrada é de balde ata completar aforo.
A banda de muscia da Escola de Oleiros nace no ano 2001, no segundo curso de funcionamento da Escola, baixo a dirección de Batiste Bernat. Dado o carácter pedagóxico desta agrupación ofrece os seus primeiros concertos dentro das programacións da propia Escola, participando nos concertos de nadal, primavera e clausuras de cada curso. En Setembro de 2002 faise cargo da dirección Alberto Piñeiro Leiva quen impulsa a agrupación cara un maior desenvolvemento o que permite proxectar a Banda ó exterior.
En xuño de 2004 comparte programa coa Banda Municipal de Silleda no Auditorio Municipal de Silleda. No 2005 participa na inauguración do Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A partires desta data a Banda de Música actúa asiduamente en diferentes lugares dentro do Concello de Oleiros, como na Feira da Mel, nas Merendiñas, etc. No ano 2006 participa no Primeiro Festival de Bandas de Oleiros, Festival que se ven repetindo cada ano. Dende este ano ven realizando intercambios con Bandas de Música de concellos como Silleda, Rivadulla, Sada, Sanxenxo, Betanzos, e coa Banda de Música do Liceo La Paz. Realizou programas con agrupacións vocais como coa Coral Polifónica Follas Novas e no 2007 na Xuntanzas de Corais do Primeiro Encontro de Música das Letras Galegas, xuntanza que se repite o 2008.
En xuño de 2008 foi convidada polo Concello de Sarria e en xullo do mesmo ano polo Concello de Silleda para participar dentro do programa cultural das súas festas. En 2009 participa por primeira vez no III Certame Galego de Bandas de Música acadando o Primeiro Premio na Sección Segunda.











