O Concello de Neda convoca a I Quedada Fotográfica en torno á Ruta dos Muíños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, anunciou esta mañá que o Concello organizará o próximo día 20 de abril a I Quedada Fotográfica Real Vila de Neda. A acción inclúese na programación de actos promovidos pola Administración local para conmemorar, neste 2013, o XXV aniversario da Festa do Pan. De feito, o punto de partida dos fotógrafos –profesionais e afeccionados– será o adro da Igrexa de Santa María, zona de arranque da Ruta dos Muíños. Dende alí partirán ás 10 horas para retratar os ex-traordinarios recursos naturais e tamén arquitectónicos que garda a ruta. Os par-ticipantes descubrirán así o proceso de elaboración do pan e vivirán de preto un entorno inigualable, o que conforme ao seu paso o río Belelle. Concluirán a xornada nun dos muíños locais, onde poderán degustar productos típicos dos fornos de Neda.

Na organización do evento, o Concello conta coa colaboración do fotógrafo local Tomás Morado. Así, as persoas interesadas en participar deben inscribirse cha-mando ao número de teléfono 634 94 06 97 de luns a venres de 9 a 14 e de 17 a 22 horas. O prazo remata o próximo día 18 de abril. Ao remate da Quedada, os fotógrafos poderán aportar dúas das imaxes da xornada e, de entre todas elas, o Concello elixirá os mellores traballos para configurar unha exposición na Casa das Palmeiras que Turismo fará coincidir en datas próximas á Festa do Pan, no mes de setembro. Por último, Montse Rico apuntou que o único requisito para participar é ter 18 ou máis anos ou estar acompañado dun maior se o participan-te é menor desa idade. E, neste sentido, animou a veciños e visitantes a incribir-se e retratar a Ruta dos Muíños.

4 de abril de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.