O Concello de Neda colabora na formación do alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Concello e CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol veñen de suscribir un convenio de colaboración que permitirá a alumnos deste centro educativo completar a súa formación na Administración local mediante a realización de prácticas non profesionais. Froito deste acordo, mañá martes, 2 de abril, incorporarase ao Concello unha estudante do último curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Ao longo de 410 horas, realizará baixo supervisión tarefas nos departamentos de Secretaría e Servizos Económicos. Entre outras, levará a cabo actividades como a atención ao público, arquivo ou elaboración de informes.

Este periodo formativo extenderáse no tempo ata mediados do mes de maio e forma parte do currículo programático do estudante, xa que é condición indispensable ter superado con éxito as prácticas para obter o título académico.

Por último, o goberno local reafirmou o seu compromiso de continuar e fomentar esta liña de colaboración entre o Concello e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, contribuíndo á formación de estudantes de últimos cursos.

1 de abril de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.