publicidade hoxe

O Concello de Miño ordena a máis de 250 propietarios a limpeza dos seus terreos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

O Concello de Miño inicia, como cada ano, o plan de limpeza de terreos para a prevención de incendios coa orde a máis de 250 propietarios de parcelas na Urbanización Costa Miño de que axeiten os seus terreos.

Esta semana comunicouse aos propietarios dos terreos afectados, que deben acometer de forma inmediata as tarefas necesarias para a limpeza, roza e limpamento dos soares da súa propiedade que non reúnan as condicións de ornato, seguridade e salubridade conforme á normativa vixente. Para iso outórgase o prazo máximo dun mes a partir da comunicación que os afectados están a recibir estes días.

Segundo explicou o alcalde, esta iniciativa persegue varios obxectivos. Por unha parte, elimínanse os focos de insalubridade e a sucidade existente entre a gran cantidade de maleza crecida nalgúns soares. Por outra, elimínase o risco de incendio existente que, tendo en conta de que se trata de parcelas urbanas próximas a vivendas habitadas, pode adquirir importantes dimensións e, finalmente, se elimina a imaxe de deterioración e de abandono que esta situación está a provocar na urbanización.

A Concellaría de Medio advirte a estes donos de soares da incoación dos expedientes de reposición da legalidade e sancionadores correspondentes conforme á lexislación vixente.

26 de abril de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.