publicidade hoxe

O Concello de Meira pon a disposición dos veciños 30 composteiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMeira
A-
A+

08042013-1Seguindo na liña de proteción e compromiso co Medio Ambiente, e logo de ter posto en marcha a Aula da Natureza, o Concello de Meira, en colaboración con Sogama, pon a disposición dos veciños que teñan horta 30 composteiros para o aproveitamento dos restos orgánicos de orixe vexetal co fin de obter compost.

Non só no medio rural senón tamén no núcleo urbano, son moitos os veciños que dispoñen de terras de cultivo e hortas, polo que o Concello quere incentivar este tipo de parcelas o máis ecolóxicas e sostibles posible. Para iso, e despois de levar a cabo propostas tales como a reciclaxe de aceites usados de cociña ou a recollida selectiva de plásticos agrícolas, ofrece 30 composteiros, facilitados por Sogama. Os veciños interesados só teñen que achegarse as oficinas do Concello a solicitalo dende o luns 8 de abril ao venres 12 de abril.

Sogama ofrecerá unha charla informativa sobre o aproveitamento, rendemento e a óptima utilización destes utensilios de compostaxe doméstica.

8 de abril de 2013 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.