O Concello de Ferrol anuncia a licitación do novo centro cívico de Canido

O rexedor na visita a Canido
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, anunciou hoxe na súa visita a Canido para comprobar as actuacións realizadas dentro do Plan de Barrios que a vindeira semana o goberno municipal licitará o proxecto de construción do novo Centro Cívico de Canido, cumprindo deste xeito cun compromiso que o primeiro edil da cidade ten asumido cos veciños/as deste barrio. Así, este novo equipamento -que “satisfará a necesidade de servizos neste ámbito que ten Canido”, dixo Rey Varela-, ocupará unha superficie de arredor de 850 metros cadrados nunha parcela situada na rúa Pérez Parallé, que hoxe visitou o rexedor municipal xunto co concelleiro de Medio Ambiente e Urbanismo, Guillermo Evia Pérez; a edil de barrio, Verónica Casal Míguez; e membros da actual directiva da entidade veciñal.
Á espera da elaboración do proxecto construtivo no que se detallarán os usos e características do novo Centro Cívico de Canido, o alcalde avanzou que o edificio albergará actividades infantís e para persoas maiores. Rey Varela anunciou esta intervención coincidindo cun percorrido polas rúas de Canido para comprobar sobre o terreo as tarefas executadas nos últimos días no contorno polos servizos municipais e empresas concesionarias que traballan para a Administración ferrolá, dentro do Plan de Barrios. O rexedor, que aproveitou para visitar ás persoas que participan nun Obradoiro de Memoria da Área de Benestar Social que se está a desenvolver no local da asociación de veciños, fixo ao principio da súa visita un resumo das actuacións levadas a cabo. Ao respecto, apuntou que algunhas das actuacións previstas por parte do servizo de Obras, Mantemento e Reparación de Viarios do Concello de Ferrol –do que se ocupa a firma Misturas S.A- non se puideron realizar debido ao mal tempo, adiantando que se realizarán a vindeira semana.
Así as cousas, o balance do Plan de Barrios en Canido é o seguinte:
1- ZONAS VERDES:
– Realizados traballos de mantemento nun total de 23.930 m2. de zonas verdes do barrio, con actuacións nas seguintes zonas: Praza de Canido; rúa Alegre; rúa Navegantes; baluarte de San Carlos; rúa Poeta Pérez Parallé; praza Andrés Dobarro; Urbanización Marqués de Amboage; rúa Alonso e rúa Insua.
– Ademais, pintáronse os bancos do parque da Urbanización Marqués de Amboage
2- PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES
– Executáronse traballos de revisión, limpeza, pintado, reposición e reparación de elementos nas tres instalacións existentes en Canido: parque biosaludable da rúa Navegantes; e parques infantís do baluarte de San Carlos, da Urbanización Marqués de Amboage e de rúa Poeta Pérez Parallé.
3- LIMPEZA E RECOLLIDA DE RESIDUOS
Leváronse a cabo as seguintes actuacións, en xeral en todo o barrio:
– Roce e chapeo, especialmente nas rúas Lili e Celso Emilio Ferreiro.
– Lavado e baldeo de forma manual das beirarrúas. Blanqueado de calzada nas prazas mediante baldeo a presión. Ademais, realizouse un baldeo mecánico polas rúas do barrio.
– Varrido mecánico, ademais do realizado semanalmente, reforzouse estes días.
– Limpeza de graffitis en prazas e outros espazos públicos.
– Sumidoiro: limpeza e comprobación de funcionamento.
– Colocación de Sujetacontenedores nas rúas Atocha, Doutor Fleming e Raposeiro.
– Limpeza de contenedores e de papeleras.
4- ALUMEADO PÚBLICO
– Un total de 123 tarefas realizadas, con limpeza de columnas, reparación de cableado e sustitución de difusores. Elimináronse pegatinas e pintadas en 116 farolas do barrio.
5- EMAFESA
– 14 Actuacións de mantemento e saneamiento.
– 4 intervencións de control de calidade.
6- POLICÍA LOCAL
– Reforzo da presenza policial, con dous axentes polas rúas do barrio o luns, día 1 -festividad de Chamorro-; e o mércores 6.
– Os axentes cursaron 15 denuncias de tráfico; 11 informes e entregaron 3 notificaciones.
7- ACTUACIÓNS EN VIALES E BEIRARRÚAS
– As actuacións corresponden ao plan inicial de intervencións de urxencia planificadas polos técnicos municipais. A maioría delas executáronse en febreiro, xa que a climatología destes días non permitiu seguir traballando na reparación de viales.
Así as cousas: a empresa de Obras e Reparación de Viales do Concello executou en Canido 7 intervencións: 6 de reparación en calzada e 1 en beirarrúa. Os sitios nos que se actuou son os seguintes: Avenida do Rei; rúa Maiola; rúa Miramar esquina Alonso López; rúa Alegre; praza de Canido; rúa Muíño do Vento atopo con praza da Tahona e rúa Alegre.











