O Concello de Ferrol abre o prazo de inscrición nun obradoiro para o benestar de corpo e espírito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Igualdade, que dirixe Verónica Casal Míguez, informa de que a partir de mañá xoves está aberto o prazo de inscrición para o novo obradoiro de “Balance: para o corpo e o espírito”. Este período de anotación permanecerá aberto até o vindeiro 7 de maio (inclusive). As solicitudes, xunto co volante de empadroamento, deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres; e de 09:00 a 13:00 horas os sábados.

Este obradoiro mensual, enmarcado dentro da programación “Fitness Woman”, desenvolverase os xoves 9, 16, 23 e 30 de maio, de 11:00 a 12:00 horas na Casa da Muller, situada na Rúa Lugo número 56. A edil de Igualdade explicou que “é unha actividade que se fundamenta nos principios do ioga, tai chi e o método pilates”; e que conta cunha soa finalidade “adaptar o corpo e a mente nun único elemento”.

Así, o programa proporciona a través da música, a sincronización dos movementos, existindo varios estímulos nas capacidades físicas con relación á postura, flexibilidade e respiración, entre outros. Na actualidade, esta técnica é recoñecida coma unha canle de autocoñecemento xa que se encontra esa busca interior para logo ter unha mellor calidade de vida.

24 de abril de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.