O Concello de Ferrol abre o prazo de inscrición nun obradoiro de técnicas de benestar na muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol, dirixida por Verónica Casal Míguez, informa de que até o mércores da vindeira semana, día 10 de abril (incluído) a Administración municipal ten aberto o  prazo de inscrición para o obradoiro de “ Wellness: Técnicas para o Benestar da Muller”. As solicitudes xunto co volante de empadroamento, deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 09:00 a 13:00 horas os sábados.

Este obradoiro enmarcase dentro da programación “Fitness Woman”, que cada mes trata un tema diferente que afecta directamente á muller. O curso desenvolverase os xoves 11, 18, 25 de abril e 2 de maio en horario de 11 a 12 horas na Casa da Muller, situada na Rúa Lugo 56.

A edil de Igualdade explicou que “a finalidade destas técnicas é a de acadar o benestar da condición física e mental, tendo en conta as necesidades de cada persoa”. Así, o programa combina actividades en aula con outras ao ar libre, con pelotas, paus, coa intención de traballar os músculos o que axudará a fortalecelos, equilibrar as articulacións, aliviar dores e eliminar estrés, entre outras cousas. Esta disciplina agrupa diferentes tipos de relaxación.

4 de abril de 2013 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.