O Concello de Cotobade solicita a instalación de sinais indicativas en S. Xurxo de Sacos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

O alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, solicitalle á Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra a instalación das sinais indicativas de inicio e finalización de núcleo de población  de S. Xurxo de Sacos na N-541 Ourense- Pontevedra.

Neste momento esta parroquia non dispón desta sinalización que si teñen outros núcleos de poboación pola que discorre esta estrada, o que supón un incoveniente á hora da súa identificación polos usuarios da N-541 e que os veciños desta parroquia veñen reclamandolle ao alcade para que faga as xestións oportunas ante a Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra para a súa instalación.

5 de abril de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.