O Concello de Cedeira instala novos puntos de luz de baixo consumo no ámbito do colexio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira instalou nas últimas semanas novos puntos de luz de baixo consumo no ámbito do colexio público Nicolás del Río. A actuación, que executaron operarios municipais do Departamento de Obras, tivo custo cero para a Administración local. E é que os báculos foron sometidos a un proceso de restauración despois de que se terían retirado doutras zonas nas que se executaron obras de reurbanización.

Esta actuación súmase a outra realizada recentemente como foi a construción dun novo peche exterior no centro educativo. Os traballos concluirán nas próximas semanas co pintado de esta infraestrutura, á espera ata a data debido ás adversas condicións meteorolóxicas. O novo peche respondeu ao avanzado estado de deterioración que presentaba o muro anterior e, con el, o Concello quixo reforzar a seguridade do centro educativo e do seu alumnado. Operarios municipais encargáronse dos traballos de construción do peche, a base de ferro e formigón.

22 de abril de 2013 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.