O Concello de Catoira convoca un curso de apicultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

O Concello de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición nun curso de apicultura que se impartirá a próxima fin de semana.

Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse na cría de abellas e produción de mel. Tamén se inclúen contidos sobre enfermidades e prácticas en colmeas.

O curso desenvolverase na Aula CeMIT de Catoira en dúas xornadas: o venres 12 de abril de 16:30 a 19:30 e o sábado 13 de abril de 10:00 a 14:00 e de 15:45 a 19:45 horas.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse chamando ó 986546014 ou enviando  un correo a catoira@rbgalicia.org indicando os datos persoais e de contacto.

5 de abril de 2013 | 09:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.