O Concello de Carballo organiza unha carreira popular de 10 km para o 16 de xuño
O Concello de Carballo a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal organiza a III Carreira Popular 10 km Concello de Carballo, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) cunha distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.
A proba está incluida no calendario do I Circuito Provincial de Carreiras Populares da Coruña da Deputación Provincial de A Coruña, que xunto con Carballo percorreran os Concellos de Ribeira, Ares, Cambre, Mugardos, Ferrol, A Coruña, Santiago, Bertamiráns e Negreira
Colaboran na organización da proba a FGA, a Asociación Deportiva Media Ducia de Carballo, o Colexio Oficial de Fisioterapias de Galicia, a Deputación Provincial de A Coruña e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo.
Na III Carreira Popular “10 KM Concello de Carballo”, pode participar toda persoa nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1.000, con excepción de atletas federados extranxeiros, agás os portugueses que non fosen internacionais co seu pais e de tódolas participacións que fosen contrarias ás disposicións da FGA. ¿Por qué un Frances ou Inglés non pode participar igual que os portuguéses?
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.
As inscricións son personais, intransferibles, e gratuítas supoñendo a aceptación de todo o disposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais. O prazo será do martes 23 de abril ata o día 10 de xuño de 2013. Excepcionalmente se non se chegase ó número máximo de 750 atletas na suma de categoría absoluta e veteráns admítense inscricións ate o xoves 13 de xuño ás 12:00 a.m.
As formas e lugares de inscrición son:
1. Na web www.carballo.org, no enlace creado ó respecto.
2. Na web www.championchipnorte.com
3. Web federación galega de atletismo no enlace creado ó respecto.
4. Presencial nas oficiñas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubion sn mediante solicitude con Rexistro de Entrada.











