O Concello de Baiona ofrece alternativas aos pais que traballan

Participantes no programa de conciliación
O programa de conciliacion familiar e laboral ” A máquina do tempo”, posto en marcha polas concellarías de Igualdade e Educación durante a Semana Santa, foi clausurado esta mañá polas responsables de ambos os dous departamentos.
Esta actividade que naceu co obxectivo de promover durante as vacacións escolares alternativas para os pais que traballan, contou coa participación de algo máis dunha ducia de nenos e nenas do municipio que asistiron a distintos talleres dende las9:00 ás 14:00 horas.
Durante estes catro días os máis pequenos coñeceron varias civilizacións antigas (Exipto, Grecia, Roma e a Idade Media), realizando actividades como baile, teatro, expresión artística ou cociña, todas elas enmarcadas nas citadas etapas históricas.











