O Concello de Ares remata unha actuación de mellora do firme na rúa Concepción Arenal
A Concellaría de Obras, que dirixe o socialista José Juan Vilar, vén de rematar unha actuación de mellora de firme na rúa Concepción Arenal. Segundo explicou o concelleiro, dita intervenció levouse a cabo en catro puntos da calzada que se atopaban en moi mal estado por afundimento –trátase dun vial que ten moitos anos e que soporta o tráfico de camións e outro tipo de vehículos pesados-.
Así, os traballos consistiron no picado de ditos tramos e no posterior hormigonado. Ademais, instaláronse uns pocetes e colocouse un tubo para as pluviais.
A intervención, que se executou durante as pasadas semanas, correu a cargo da empresa Desimán.











