O Concello de Ares organiza unha excursión a Padrón e Santiago o día 28 deste mes
A Concellaría de Servizos Sociais organiza unha nova excursión para os veciños e veciñas de Ares. Neste caso, trátase dunha viaxe á feira de Padrón –que será pola mañá- e a Santiago de Compostela –xa pola tarde- o día 28 deste mes de abril.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa que promove a área que dirixe a concelleira socialista Victoria Montenegro poden inscribirse xa nas oficinas de Servizos Sociais do Concello no seu horario habitual de apertura, estando aberto o prazo ata o día 19. O prezo da excursión é de 10 euros, con autobús incluido, que se aboarán no momento da inscripción.











