O Concello de Allariz ultima as obras no cemiterio municipal
O Concello de Allariz está a ultimar as obras de revestimento e colocación de pedra no cemiterio municipal.
As obras no cemiterio municipal, na súa última fase de execución, consisten na colocación e revestimento en pedra nos panteóns construídos para atender as necesidades dos solicitantes e está previsto o seu remate para a vindeira semana.
Despois do remate desta intervención previsto para a vindeira semana, procederase á urbanización e pavimentación da zona nova.
Un total de 24 novos panteóns vendidos a 8.000€ cada un. Dos vendidos realizarase sorteo para designar cada panteón a un solicitante.
Se alguén está interesado en adquirir algún destes panteóns é preciso que tramite a súa solicitude nas oficinas municipais, na Casa do Concello.











