O Concello de Allariz amplía o prazo de pago do IBI e admite o seu fraccionamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O Concello de Allariz amplía o prazo de pago  para o recibo do IBI, o imposto sobre bens inmobles ou contribución.

Entre o 1 de maio e o 1 de agosto efectuarase o cobro do IBI, este ano un prazo ampliado (anteriormente o cobro realizábase entre xuño e agosto). Ademais o Concello de Allariz, co ánimo de facilitar o pago ós contribuíntes, fraccionará en dous prazos os recibos domiciliados superiores a 50€. O primeiro prazo realizarase o 1 de maio e o segundo o 1 de agosto.

O Alcalde de Allariz anima ós veciños e veciñas a domiciliar o pago deste imposto para beneficiarse do fraccionamento do mesmo.

O padrón do IBI do ano 2013prevé uns ingresos de 1.077.481€ e 24.082 recibos emitidos. “Este imposto municipal é unha parte fundamental nos ingresos do Concello”, explicaba o Francisco García.

4 de abril de 2013 | 15:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.