O Concello da Laracha ten proxectado un novo plan de sinalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Concello da Laracha elaborou un novo proxecto que contempla mellorar a sinalización vertical e o repintado de marcas viarias e pasos para peóns. Está valorado en máis de 50.000 euros e afecta tanto aos núcleos urbanos como a zonas rurais.

Na Laracha, Paiosaco, Caión e tamén no Igrexario de Cabovilaño está previsto repintar determinadas marcas viarias, as áreas de aparcamento de vehículos que así o requiran e tamén os pasos para peóns situados en rúas de titularidade municipal.

Por outra banda, serán colocadas novas sinais verticais de tipo informativo e orientativo, que indicarán a condutores e viandantes aspectos como a situación de núcleos de poboación, instalacións públicas, parques, áreas de descanso, museos e zonas de interese turístico.

Deste xeito completarase o extenso proxecto de sinalización desenvolvido recentemente, incluíndo neste caso a substitución de indicadores en mal estado e colocando novos referidos a infraestruturas públicas de recente creación.

En definitiva, o proxecto persigue reforzar a seguridade viaria para peóns e condutores e aumentar a información que se ofrece nas estradas a veciños e visitantes. A súa execución iniciarase cando as condicións climatolóxicas sexan favorables para a realización deste tipo de actuacións.

15 de abril de 2013 | 09:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.