O Concello da Laracha organiza cursos de iniciación ao pádel en maio e xuño
O Concello da Laracha organizará cursos de iniciación ao pádel de dous meses de duración que levará a cabo en maio e xuño nas pistas municipais situadas no complexo deportivo do Campo de Fútbol da Laracha.
Haberá dúas quendas. A primeira delas, dirixida a nenos maiores de 10 anos de idade, desenvolverase os venres pola tarde. A segunda, os sábados pola mañá, vai dirixida a adultos.
En ambos casos o número de prazas é limitado e outorgaranse por orde de inscrición. Para anotarse é necesario acudir á Concellería de Deportes, situada na segunda planta da Casa Consistorial, en horario de oficina. Os cursos van dirixidos exclusivamente a persoas empadroadas no municipio.











