O Concello da Lama oferta 12 prazas temporais para desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaLocal
A-
A+

O Concello da Lama informa aos veciños da Lama de que se procederá á contratación de doce traballadores, a través do Plan Provincial de Emprego da Deputación de Pontevedra, para a realización de servizos de interese xeral e social.

O contrato terá unha duración de 6 meses e a xornada laboral será de 25 horas semanais.

As ocupacións socilitadas serán as seguintes:

– 1 operario de maquinaria forestal

– 2 ordenanzas

– 6 peóns forestais

– 3 varredores

Para poder optar á contratación haberá que cumplir os seguintes requisitos:

– Persoas desempregadas e non perceptoras de prestacións.

– Inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e dispoñibles para o emprego.

Dende o Concello, mostran a súa satisfación coa iniciativa da Deputación de Pontevedra aínda que son conscientes de que moitos veciños e veciñas do municipio precisan traballo e as prazas ofertadas non serán suficientes para todos.

10 de abril de 2013 | 15:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.