O Concello da Coruña informa de que se repuxo a rede eléctrica en Pocomaco
O Concello da Coruña, a través da área de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que os traballos de reposición da rede eléctrica, que se viu afectada o pasado mércores, finalizaron ás 19.00 horas de onte. A subministración xa restableceuse o mesmo día da avaría a través doutras vías mentres os técnicos emendaban o fallo.
Os técnicos municipais traballaron de forma coordinada e puxéronse a disposición do equipo de Rede Eléctrica Española para axilizar, ao máximo, a reparación do incidente que se produciu o pasado mércores tras o desprendemento de parte dun tellado dunha nave do polígono de Pocomaco. Neste sentido, Fernández Prado destaca a celeridade coa que se resolveu o fallo na subministración eléctrica, xa que o servizo se restableceu ao 100% dos usuarios en 40 minutos, e a coordinación entre o Concello, a través dos departamentos de Infraestructuras, Seguridade Cidadá e Emerxencias, Fenosa e a Rede Eléctrica Española.
Para levar a cabo a reparación do condutor da L220 Grela-Sabón tivéronse que utilizar dúas grúas e houbo que cortar temporalmente o tráfico da rúa. O servizo funciona con normalidade dende a tarde de onte.











