O Concello da Coruña atende unha demanda veciñal e retira a pérgola do Parque Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O concelleiro de Medio, Enrique Salvador, visitou esta mañá as obras de retirada da pérgola do Parque Europa, xunto á rúa Río de Monelos, unha actuación que responde a unha demanda de veciños e residentes no barrio, xa que consideraban que a estrutura era pouco estética e inservible.

A pérgola, construída con perfís metálicos e tellado de vidro, foi obxecto de actos vandálicos e non cumpriu cos fins para os que estaba prevista. Ante esta situación, os técnicos do departamento de Parques e Xardíns, dependente da Concellaría de Medio, decidiu a eliminación da infraestrutura para converter o espazo nunha zona axardinada, acorde co estilo e elementos predominantes no Parque Europa. A obra, que empezou a executarse esta semana e cun investimento de 13.000 euros, inclúe as seguintes actuacións:

– Eliminación da cuberta e postes da pérgola e restos de vidro.

– Construción dun murete de cachotaría concertada de pedra de granito sen labrar.

– Achega de terra vexetal e formación de macizo con arbustos e dous magnolios procedentes da mediana retirada de Xeneral Sanjurjo.

25 de abril de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.