O Concello da Coruña adxudica o proxecto de mellora da área infantil de Santa Margarida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello adxudica as obras de mellora do parque infantil de Santa Margarita por un importe de 107.723 euros, un proxecto que se enmarca dentro da filosofía do actual equipo de goberno de modernizar os espazos públicos, facilitar a convivencia dos menores cos seus maiores (avós) grazas á instalación de áreas biosaludables e, ao mesmo tempo, ofrecer unha oportunidade para a xeración de actividade económica e emprego.

A mellora da área infantil do parque de Santa Margarita permitirá a recuperación e acondicionamento dos elementos existentes e a implantación de novas zonas de xogos. Cun prazo de execución de mes e medio, os principais obxectivos do proxecto son:

– Mellora da accesibilidade. Instalarase un aparcabicis de aceiro inoxidable e un bambán adaptado.

– Maior funcionalidade. A proposta avoga por xogos máis polivalentes e que permitan un maior número de usuarios.

– Adestramento motora. Contará con xogos biosaludables para favorecer o uso compartido do parque por parte de nenos e persoas maiores.
– Mellor aproveitamento do espazo. O ratio de espazo de xogos é de 182,40 metros cadrados ocupados, o que supón preto do 40% da superficie na que se desenvolverá este proxecto

– Abrir o ámbito de idade. Buscarase un labor de integración dos usuarios habituais do parque de Santa Margarita. En moitas ocasións, as persoas que coidan os nenos son os seus avós, de aí que se aposte por un espazo común e divertido para a aprendizaxe e o xogo tanto de avós coma de netos.

A área de xogos infantís que proxecta a Concellaría de Medio contará cun certificado que avale o cumprimento das normativas actuais. Así, mellorarase o pavimento coa substitución da area compactada por caucho de seguridade e céspede artificial. Ademais, aproveitarase o proxecto para a mellora dos elementos existentes: repintado de bancos, reparación dos peches de madeira e restauración dos xogos actuais.

Este proxecto súmase á primeira fase do Plan de Reforma Integral do parque de Santa Margarita, que conta cun investimento de 91.961 euros, dentro dun programa de mellora vexetal que alcanzará os 1,5 millóns de euros. A primeira fase deste plan supoñerá o acondicionamento dos espazos axardinados e ofrecer aos cidadáns lugares de esparexemento. De feito, situado no centro urbano da cidade, o parque de Santa Margarita ten unha superficie de 87.500 m2, dos que 51.723 m2 son zonas verdes, con 68 especies diferentes de árbores, entre os que destacan o abeto, o ciprés, o carballo, o olmo ou o magnolio.

O proxecto deseñado para a área infantil de Santa Margarida inclúese ademais dentro do plan municipal de mellora de xogos nos espazos públicos da cidade. Neste sentido, o Concello adxudicou onte o proxecto de reparación e acondicionamento da área infantil de Padre Rubinos -un parque de 700 metros cadrados situado no barrio Dos mallos- por un importe de 133.266 euros e un prazo de execución de mes e medio.

As obras en Padre Rubinos consistirán, basicamente, na reposición dos pavimentos; retirada, restauración e recolocación da fonte; reposición do mobiliario urbano; reparación das beirarrúas; e reparación e acondicionamento dos elementos existentes con recolocación de tres xogos en novas localizacións. O pavimento será de caucho de seguridade nas zonas de xogo e de formigón no resto da área.

17 de abril de 2013 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.