publicidade hoxe

O Concello da Cañiza dota ao casco urbano da rede de fibra óptica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal
A-
A+

O casco urbano de A Cañiza contará cos servicios de R a mediados deste ano. A compañía extenderá nun primeiro tramo 1.672 metros de fibra óptica e o seu obxectivo é cubrir unha importante franxa do casco urbano. A instalación da fibra óptica na zona urbana comezou xa a principios deste mes de abril.

O operador galego de telecomunicacións por fibra óptica “R” pretende chegar antes do mes de xullo a 2500 usuarios entre domicilios particulares da zona urbana e empresas da Cañiza, para o que estenderá nun primeiro tramo 1.672 metros de fibra óptica e o seu obxectivo é cubrir unha parte importante da zona urbana.

O Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, fixo fincapé na importancia de que precisamente unha empresa galega sexa a que execute este proxecto de instalación de infraestruturas de última xeración. A finais de xuño de 2.013, 2500 usuarios da zona urbana da Cañiza poderán gozar do servizo. A empresa e o Concello da Cañiza manteñen un acordo polo cal se estenderá a nova infraestrutura de fibra óptica. A Cañiza pasará a formar parte do grupo de municipios que teñen conexión directa á rede de comunicacións de última xeración.

Cun investimento inicial de 165.011,14 €uros e unha subvención concedida pola Xunta de Galicia, a compañía executará as obras correspondentes para a construción de canalización de fibra óptica, para poder implementar unha rede de telecomunicacións de banda ancha capaz de ofrecer unha ampla gama de servizos multimedia, incluíndo todo tipo de sinais de vídeo, voz e datos. O deseño da rede será aberto, flexible e transparente ao tipo de sinais e contará con alta capacidade para proporcionar servizos así como un elevado grao de integración dos devanditos servizos, que serán subministrados mediante un único cable.

19 de abril de 2013 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.