O Concello colocou na chegada da maratón Coruña42 a mesma liña de meta que na carreira de Boston

Negreira xunto aos participantes na liña de saída
A Concellería de Deportes anunciou que, dentro dos actos organizados en homenaxe ás vítimas do atentado de Boston, na chegada da II Maratón Atlántica Coruña42 instalouse a mesma liña de meta que na carreira de Boston.
Todos os participantes que lograron terminar, domingo 21 de abril, a proba cruzaron a mesma liña de chegada que os atletas da maratón de Boston. Así, unha réplica da maqueta da cidade norteamericana foi colocada na praza de María Pita. Portando a mesma lenda e data que a carreira estadounidense. O Concello informou de que tamén se enviará unha carta a todas as maratones españolas e algunhas estranxeiras para que se unan a esta nova iniciativa.
Dentro dos actos de homenaxe ás vítimas dos atentados ocorridos en Boston, tamén se incuíu un minuto de silencio xusto antes do inicio da proba, ás 08.30 horas na avenida de Montoto. Ademais, a Concellería de Deportes repartíu crespóns negros en sinal de luto entre os máis de 2.200 atletas que se inscribiron á proba coruñesa.











