O Concello apoia a actividade da Asociación músico-cultural “San Martiño” de Salcedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá o habitual convenio de colaboración coa Asociación músico-cultural “San Martiño” de Salcedo para fomento e sostemento das actividades musicais e culturais que desenvolve a asociación  durante este ano. O Concello fai unha achega de máis de 25.000 euros.

Para esto, a Asociación promoverá actuacións na cidade e divulgará a súa labor formativa a través da Banda de música, da banda xuvenil, a Escola de Música e a Coral San Martiño. Esta colaboración permite, tamén, a continuidade das actividades da Banda de Música e das súas outras entidades como forma de manifestación artística claramente vencellada e arraigada ao longo do tempo á realidade da cultura pontevedresa e, por outro lado, propiciar o achegamento da cultura musical ao groso da poboación.

Neste convenio, están enmarcados dez concertos que a asociación ofrece á cidadanía durante todo o ano:

• Cabalgata de Reis (5 xaneiro)

• Concerto de Primavera (6 abril)

• Actuación do Día das Letras Galegas (17 de maio)

• Concerto Ciclo de Bandas (13 xullo)

• Concerto Man a Man (12 agosto)

• Concerto de Santa María (15 agosto)

• Concerto na Praza de José Marí o día de San Bartolomeu (23 agosto)

• Actuación na xuntanza anual “Amigos de Campolongo” (30 agosto)

• Concerto de Gala (21 setembro)

• Concerto de Outono (26 outubro)

18 de abril de 2013 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.