O Concello abre o prazo para presentar os deseños dos carteis, revistas e programas das Festas de Ourense 2013
A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense convoca ás empresas interesadas a que presenten as súas ofertas para o deseño, impresión, distribución e colocación dos carteis, programas de man, revistas e carteis publicitarios das Festas de Ourense 2013. Poderán presentar as súas ofertas, cos deseños en formato papel ou electrónico, na Concellaría de Cultura, na rúa da Canle, número 2, antes do próximo 10 de maio de 2013. O Concello resolverá en atención á oferta que considere máis ventaxosa, admitíndose as melloras que as empresas consideren oportunas realizar.
A empresa ofertante encargarase do deseño, impresión e distribución e/ou colocación de 10.000 revistas, 2.000 carteis, 35.000 programas de man e 30 carteis publicitarios, coas características que se indican, sen coste algún para o Concello. Ademais, terá que depositar na conta do Concello a cantidade de 1.000,00€, a modo de fianza, no suposto de que resulte adxudicataria, cantidade que será reintegrada unha vez recibidos os materiais.
Os interesados poden consultar as bases nas páxinas web do Concello de Ourense www.ourense.es e da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com. A empresa escollida será a encargada oficialmente de realizar a revista das festas, xestionando a publicidade da revista e do programa de man. A Concellaría de Cultura encargarase de dar o visto e prace con anterioridade á impresión dos carteis, programas, revistas e carteis publicitarios.











