O Concello abre o prazo de inscrición para o Curso de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira organizará un Curso de manipulador de alimentos. A acción formativa celebrarase o próximo día 15 de maio, en horario de tarde, de 17 a 18,30 e, as persoas interesadas en participar, deberán formalizar a súa inscrición. Para iso, poden facelo de forma presencial, na casa consistorial, ou chamando ao teléfono 981 48 00 00.

O custo da actividade é de 20 euros e estará impartida por Biocontrol e Calidade Alimentaria SL.

29 de abril de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.