O Centro Neural de Gondomar acollerá unha charla coloquio sobre o autismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Centro de Información á Muller (CIM) de Gondomar en colaboración coa Asociación Autismo Vigo, organiza unha charla-coloquio para conmemorar este mes dedicado ao autismo.

O encontro terá lugar ás 19.30 horas no Centro Neural do municipio e contará coa participación do psicólogo da residencia O Salgueiro de Autismo Vigo, Santiago Santos e da presidenta da Asociación Autismo Vigo, Esperanza Domínguez.

A entrada é gratuíta e aberta para todo o público en xeral.

19 de abril de 2013 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.