O centro de emprego organiza dous cursos preparatorios para as probas de competencias clave de nivel 2
A concelleira de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros, informou hoxe da organización de dous cursos preparatorios das probas de competencias clave de nivel 2 nas dependencias do Centro Municipal de Emprego. A convocatoria está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 19 de abril pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
As prazas son limitadas, polo que todas as persoas desempregadas e tendo preferencia os empadroados no termo municipal, poden inscribirse aos cursos de preparación os días 29 e 30 de abril no Centro Municipal de Emprego, situado na rúa Sagrada Familia, 56 -teléfono 981 94 41 95-.
Martina Aneiros lembrou que “posuír estas competencias posibilita ás persoas que non teñen a titulación necesaria o acceso aos cursos de formación ocupacional (AFD) con certificado de profesionalidade, fundamentalmente dirixido a aquelas persoas que non acadaron o graduado en ESO”.











