O centro CEMIT do Carballiño presentou o seu programación para o mes de Maio
A aula CeMIT de O Carballiño presentou as actividades para desenvolver durante o mes de maio, no que se celebra o Día Mundial de Internet e das Letras Galegas, o mesmo día 17 de maio.
A primeira cita será na semana do 6 ao 12 de maio, cun curso sobre operacións bancarias a través de internet, os días 9 e 10. A semana do 13 ao 19 do mesmo mes celebrarase unha charla sobre os contidos digitales, licenzas e usos “Na busca de Rosalía”, o día 13 de 11:00 a 12:30 horas.
Os días 14,15 e 16 , curso para a organización de viaxes a través de internet, en horario de 16:00 a 17:30. O 14 de maio tamén se celebrará un seminario sobre desenvolvemento de aplicacións en Android, de 10:00 a 14:00 horas.
O día 15 de 11.00 a 12:00 horas está prevista unha charla taller sobre a cidadanía digital, e de 12:00 a 13:00 horas outro taller sobre a oficina virtual do concello de O Carballiño. Seguindo nesa semana, o 16 de maio de 11:00 a 12:00 a aula CeMIT acollerá unha charla taller baixo o título viaxar sen moverche do aula, percorrido por webcams, visitas virtuales e outros lugares digitales.
O 17 de maio está prevista unha actividade conxunta entre o concello e a aula CeMIT, para celebrar o día das letras Galegas e o día mundial de Internet.
Xa na semana do 20 ao 26 de maio , en concreto os días 20,21 e 22 está organizado un curso de follas de cálculo, de 16:00 a 18:00 horas. Os días 27, 28 e 29 do mesmo mes , de 16:00 a 18:00 horas celebrarase un curso para a creación de blogs.
Os interesados en asistir a algunha destas actividades só terán que inscribirse no propio aula CeMIT, situado na segunda planta da consistorial carballiñesa, en horario de mañá e tarde.











