O CEIP Vilaverde coñece a Pontevedra dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis
pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas, co obxecto de ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Este venres, día 19 de abril, farán o roteiro un grupo de 50 nenos e nenas de primeiro ciclo de educación primaria do CEIP Vilaverde (Mourente), que sairán da praza da Peregrina en dúas quendas: ás 10 e ás 11.45 horas.

Ao remate do roteiro cada participante será obsequiado con cadanseu exemplar da publicación Excursión pola zona vella de  Pontevedra cos Bolechas.

18 de abril de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.