O Carballiño recibe á senadora irlandesa Fidelma Healy Eames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

Os responsables dos concellos do Carballliño e Boborás recibirán este xoves a senadora irlandesa Fidelma Healy, senadora pola FINA GAEL, responsable no senado irlandés sobre asuntos sociais e Unión Europea, con motivo do proceso de irmandamento entre esta localidade ourensana e a irlandesa de Oranmore, e ao mesmo tempo realizar un contacto directo para o desenvolvemento dun programa educativo destinado a alumnos carballiñeses e irlandeses.

Este programa educativo, que se poñerá en marcha durante o próximo curso, considera o intercambio entre familias carballiñesas e irlandesas, que permitan aos alumnos do Carballiño estudar Inglés e Gaélico, e aos nenos irlandeses aprender Castelán e Galego. Este programa educativo estará coordinado pola fundación Losada Diéguez, coa participación dos concellos do Carballiño e Boborás, integrados na devandita fundación.

Os alumnos que participen neste programa, enmarcado dentro das accións da Unión Europea, desenvolverán a acción formativa durante 15 días no Carballiño e outros 15 en Irlanda, no período estival. Durante estes dous períodos os profesores de lingua serán os mesmos, tanto en Carballiño coma en Irlanda, co que o seguimento de cada alumno e o seu progreso na aprendizaxe dos distintos idiomas.

O programa da visita da senadora comezará o xoves 4 de abril, día en que o alcalde do Carballiño xunto coa edil de Educación deste mesmo concello e a edil de Cultura do concello de Boborás recibirán a Fidelma Healy no aeroporto de Santiago, para posteriormente acompañala á recepción no Parlamento Galego e durante a visita concertada co conselleiro de Educación.

Xa o venres 5 de abril terá lugar a recepción da senadora irlandesa no concello do Carballiño, ás 11:30, para posteriormente dirixirse ao instituto Número Un para manter contacto cos directores e profesorado, tanto deste instituto como do Chamoso Lamas, e cos pais de alumnos interesados no citado programa educativo. Tras esta reunión a delegación Irlandesa será recibida polo presidente da Deputación de Ourense. Pola tarde dese mesmo día realizarase un percorrido polo Carballiño, mostrando á senadora lugares emblemáticos da vila como o Gran Balneario, o Templo da Veracruz e a zona natural do Carballiño.

O programa protocolario continuará o sábado no municipio de Boborás, onde asistirá a unha misa na capela do Anxo dá Garda de la Fundación, e realizarán unha visita á zona de Pazos de Arenteiro para finalizar coa recepción no concello de Boborás.

2 de abril de 2013 | 15:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.