O Carballiño homenaxea a Rosalía de Castro no 150 aniversario da edición de Cantares Galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

A área de Educación e Normalización Lingüística dirixidas pola edil Piar Caride organizaron unha actividade enfocada a homenaxear á escritora Rosalía de Castro. Para iso invitan todos os veciños, visitantes e curiosos a que asistan ao acto, que terá lugar este xoves 25 de abril, ás 19:00 horas da tarde, na Praza Maior e Rúa Rosalía de Castro.

Os asistentes poderán descubrir como a rúa que leva o nome da poetisa galega se encherá coa súa obra. Os seus versos cubrirán toda esa rúa, e a orquestra do Conservatorio do Carballiño acompañará interpretando dúas pezas inspiradas na obra de Rosalía.

A este acto están invitados todos as agrupacións culturais da vila, así como centros lectivos e personalidades locais, e estará presidido polo alcalde Argimiro Marnotes e a edil de Educación Piar Caride.

24 de abril de 2013 | 15:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.