O Carballiño estivo presente nas feiras de turismo de Cataluña e Expovacaciones 2013

Stand no que se atopaba O Carballiño
A área de Turismo do concello do Carballiño continúa traballando na difusión das excelencias turísticas do municipio nas principais feiras do sector, escollendo sempre a súa presenza sobre a base do público que asiches a estes certames. Durante estes días a información turística do carballiño está presente na SITC 2013, Salón de Turismo de Cataluña, considerada como a feira turística máis importante de Cataluña, unha dos principais mercados de Galicia. Esta feira finalizará este fin de semana.
A próxima feira na que estará presente O Carballiño como destino turístico será EXPOVACACIONES 2013, que se celebra en Barakaldo. A importancia desta feira é que a ela acoden as persoas que queren planificar e organizar as súas viaxes de ocio individualmente, precisamente o turista que debe fidelizar O Carballiño.
Piar Caride agradecía a Turgalicia o ofrecemento que lle fan ao concello para poder participar en todas estas feiras, “xa que nos supón unha perfecta difusión do noso produto en feiras e certames onde, doutra forma, sería difícil chegar”.
Durante o presente ano O Carballiño estivo presente nas feiras de Fitur, Intur, Xantar e Termatalia, obtendo en todas elas unha gran receptividade tanto por parte dos profesionais do sector coma do público en xeral.











