O Carballiño acolle o fin de semana do motor co Rali de Clásicos e a XX Suba a Saleta

Presentación da XX Subida á Saleta
Este fin de semana O Carballiño será a capital do deporte do motor de toda Galicia grazas á organización de dúas probas como o rali de clásicos e a suba á saleta. O primeiro deles terá lugar o sábado 13 de abril, con saída ás 11:00 horas dende a rúa Principal da vila, estando prevista a chegada dos vehículos participantes a partir das 19:00 horas, no mesmo escenario da Praza Maior.
Este rali, organizado polo club de clásicos do Carballiño, poderán participar todos os vehículos de serie, fabricados entre 1945 e 1974. Os carballiñeses poderán gozar de modelos clásicos que, se non fóra por este tipo de probas non se poderían contemplar rodando polas nosas estradas.
Pero non será esta a única proba automobilística que acollerá O Carballiño durante o fin de semana xa que os días 13 e 14 de abril se celebrará a XX Suba a Saleta. Unha proba puntuable para o campionato galego de montaña, organizada polo motor club do Carballiño.











