O “Canto Libre” de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas soará no auditorio de Vilagarcía
O pianista arxentino Juan Carlos Cambas e a cantante galega Rosa Leiro son os protagonistas do espectáculo “Canto Libre” que se representará o sábado 13 de abril no Auditorio, a partir das 21:00 horas. Esta proposta cultural fai un percorrido pola tradición musical galega, a de diversos países latinoamericanos e a de Portugal. Como artistas invitados actuarán Paulo Nogueira (gaita), Manolo Gómez (guitarra) e Adrián Solla (piano).
“Canto libre” é o último espectáculo ideado e producido por Juan Carlos Cambas e e Rosa Leiro. Como é habitual nos seus concertos, neste tamén abordan cancións que fan voar o alma dos espectadores a diferentes paisaxes de Latinoamérica, Galicia e Portugal. Personalidade, forza, sensacións de morriña, melancolía ou alegría, todo nun show que intenta achegar a través da voz e o piano o máis selecto da música das dúas beiras atlánticas.
O repertorio tradicional galego componse de temas como “Lela”, composto por Castelao para a obra de teatro “Os vellos non deben namorarse” e que se estreou en Bos Aires en 1941, ou “Negra sombra”, poema de Rosalía de Castro popularizado na súa versión musical por “Luz Casal”; así como repertorio inédito representado por “Sostesme tí” de impostación lírica e temática celta, ou unha versión renovada do clásico “Adios ríos, adios fontes”, tamén de Rosalía. O folclore arxentino tamén está presente no espectáculo con sons tan característicos como o tango que somerxe ao espectador na pampa ou da puna. Outros temas clásicos como “Alfonsina y el mar” de Ariel Ramírez, “El cóndor pasa” ou “Balada para un loco” de Horacio Ferrer e Astor Piazzolla, inspiran imaxes da melancólica Cidade de Bos Aires.
Juan Carlos Camba é un pianista arxentino arraigado en Galicia dende 2002. No seu último disco “Almas en el viento / Música Argentina de raíz” colaboraron artistas arxentinos da talla de Mercedes Sosa, Suma Paz, Luís Landriscina, Jaime Torres ou Jairo, entre outros.
Rosa Leiro leva a música na alma dende a súa nenez. A súa nai foi súa primeira mestra de canto, modulación, afinación e expresión musical. Comezou a cantar no colexio e en festivais na contorna da súa localidade natal, Vilanova de Arousa. Anos despois gravou dous discos co grupo “Airiños” e fico con el varias xiras por Galicia, Madrid, Asturias e Portugal, onde ademais participou como solista en varias das súas cancións. Máis tarde intégrase na “Coral Polifónica de Vilanova de Arousa”, e grava outro disco realizando así mesmo xiras por Galicia, Asturias e Castela.
PROGRAMA
Nacimiento del charango (carnavalito) Ariel Ramírez
Alfonsina y el mar (zamba) Félix Luna / Miguel Ramírez
Santa Cruz (carnaval crucereño) Calvimontes / Luna
Mi madre y María (canción) Víctor Heredia
Miña Nai (popular gallega)
Sostesme ti (canción celta) Brendan Graham / Secret Garden’s Rolf Lovland
Negra Sombra (canción) Rosalía de Castro / Juan Montes
Lela (popular galega) Alfonso Castelao / M. De Santiago
Adios ríos, adios fontes (canción) Rosalía de Castro / Amancio Prada
Unha noite na eira do trigo (canción) Curros Enríquez / Juan Montes
Canción del jangadero (Guarania) Jaime Dávalos
Cuando los gauchos vienen bailando (bailecito) Eduardo Lagos
El cóndor pasa (Yaraví) Aralías Robles
El humahuaqueño (carnavalito) Edmundo Zaldívar
Manifiesto (alalá) Víctor Jara
Balada para un loco (tango) Horacio Ferrer / Astro Piazzola
La memoria (canción) Léon Gieco
Honrar a vida (canción) Eladia Blázquez











