O Ballet Folclórico Nacional de Cuba pon en escena “Okún” en Vilagarcía de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Auditorio de Vilagarcía continúa acollendo espectáculos e compañías de prestixio internacional. A vindeira actuación deste calibre será a que realizará o mércores, 10 de abril,o Ballet Folclórico Nacional de Cuba, que elixiu a capital arousá para poñer en escena “Okún” o espectáculo creado especificamente para celebrar os seus 50 anos de vida. As entradas custan 12 euros e pódense mercar a través da web www.servinova.es e do teléfono 902 504 500. Tamén na billeteira do Auditorio o mesmo día da función dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.

“Okún” é un espectáculo que recolle o mellor e máis representativo da labor coreográfica do Ballet Folclórico Nacional de Cuba. Dirixidos polo seu director e principal coreógrafo, Manolo Micler, bailaríns, deseñadores, coreógrafos, músicos da compañía e artistas invitados, vólcanse na celebración deste místico medio centenario de éxitos nacionais e internacionais. Máis de cen mil espectadores de todo o mundo avalan a mestría, a solidez e a impronta creativa do Ballet Folclórico Nacional de Cuba, catalogada como unha das mellores compañías de folclore de América Latina e do mundo. O seu alto nivel técnico e a busca nas fontes ancestrais da cultura cubana e latinoamericana quedan impresas na riqueza visual das súas producións.

Avalado pola crítica en Cuba, e como celebración destes cincuenta anos de éxito polos escenarios de todo o mundo, “Okún” expresa a raíz da música e a danza, a fusión do folclore con outros ritmos e danzas que evolucionaron dende as súas orixes africanas ata nosos días. Un espectáculo vibrante e rítmico, apaixonado e extraordinariamente visual con cambios de vestiario e escenarios que evocan tradicións populares con asombrosas pezas coreográficas sostidas polo virtuosismo dos seus bailaríns e coas que a compañía empéñase en amosar con toda a esixencia e rigor técnico as tradicións ancestrais da danza afrocubana.

Historia

Fundado a principios de 1962 polo folclorista cubano Rogelio Martínez Furé e o coreógrafo mexicano Rodolfo Reyes Cortés, o Conxunto Folclórico Nacional de Cuba, propúxose dende os seus inicios contribuír ao rescate e revitalización das tradicións danzarias e musicais da illa antillana, debendo seleccionar aquelas de maior valor artístico para organizalas de acordo coas máis modernas esixencias teatrais, aínda sen traizoar a súa esencia popular.

Hoxe, despois de 45 años da súa fundación, desenvolve un estilo de arte folclórico teatral de gran efectividade escénica e estética, que reflexa as diversas tradicións culturais cubanas, tanto de orixe europeo (hispánicas ou francesas), como de antecedentes africanos (yoruba, congo, carabalí, arará, etc…) ou as chegadas a Cuba doutras illas caribeñas. A misión do Conxunto Folclórico Nacional de Cuba, non se limita á simple presentación de espectáculos; senón que realiza investigacións en todas as esquinas do país, revitalizando ou desenterrando xéneros antigos, unindo ao tradicional as novas tendencias creadas polo pobo, furgando no pasado e facendo unha sínteses do presente.

Nestes anos, a compañía realizou 80 xiras internacionais por corenta e cinco países de Europa, América, África e Asia, e actuou nalgúns dos máis importantes escenarios do mundo, recibindo a  ovación de públicos de moi diversas linguas e culturas.

5 de abril de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.