O Auditorio Municipal de Ribadumia acolle o domingo 28 a actuación de A Roda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia recibe este domingo, día 28 un concerto do grupo A Roda, co que dará comezo a súa xira “NA MEMORIA”. Esta Xira é unha homenaxe ó seu fundador Fito, falecido fai pouco menos de un ano. A Roda continúa en activo cos integrantes de sempre e coa incorporación dun antigo membro do grupo, Jose Manuel. Este será un concerto emotivo no que colaborará a banda de Gaitas  “Os Coribantes” de Buchabade.

O concerto, inicialmente non incluído na programación cultural do Concello de Ribadumia  substituirá a Avelaiña teatro, comezará ás 20.00 horas con entrada libre.

A historia de A Roda comeza coas xuntazas dun grupo de amigos para cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome e o carácter estritamente popular. O seu xermolo tabernario incúlcalle o ánimo e a intención de pasalo ben, sen máis concesións que o divertimento.

23 de abril de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.