O Auditorio de Ribadumia acolle o espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño”
O Auditorio Municipal de Ribadumia recibe este sábado 27 de abril , un espectáculo de música, teatro e danza para toda a familia e en especial para os mais pequenos.
A actuación forma parte do programa ‘FalaRedes’, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística.
O concerto, incluído na programación cultural do Concello de Ribadumia para os meses de abril e maio, comezará ás 18.00 horas con entrada libre.
Os personaxes, a nena e o grilo, prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuaran a descubrir o mundo e os seus segredos. As cancións e a interpretación dos personaxes protagonistas abrirán as portas para que poidan crear o su propio universo e achegar as historias dende a súa propia perspectiva.
Desde o Concello de Ribadumia apóstase deste xeito por converter o escenario nun espazo para o ocio familiar e espertar nos mais pequenos o interese de tódalas expresións artística.











