O Atlético San Pedro organiza as festas de San Marcos en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

O Club Atlético San Pedro organiza este fin de semana as festas de San marcos. O sábado 27 haberá churrasco a partir das 19 horas na capela de San Marcos. Logo baile coa orquestra Tango. Xa o domingo pola mañá celebrarase unha misa ás 13 horas na mesma capela e logo unha actuación do grupo de gaitas e baile Os Rueriños e posteriormente sesión vermú co grupo Aroma. Durante esta sesión haberá unha degustación de tapas de percebe a prezos populares. O campo da festa estará cuberto cunha carpa e a organización invita a todos os veciños e veciñas d e a bisbarra a que visiten San pedro durante estes días.

26 de abril de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.