O amplo número de doazóns obriga a reestruturar o desván municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Voluntarias no desván

Voluntarias no desván

A falla de espazo onde colocar as numerosas entregas recibidas no Desván do Concello de Lalín fai que as persoas encargadas do mantemento deste servizo, que se presta desde a Concellería de Benestar e Emigración e que ten por obxecto cubrir as necesidades básicas das familias máis desfavorecidas, xunto coas voluntarias que participan cada xoves en dito programa fan unha clasificación das prendas e do calzado, segundo sexan máis apropiadas para a tempada de verán ou de inverno.

Así o destaca a concelleira de Benestar e Emigración, Paz Pérez, que anuncia que “a partir de Semana Santa, coincidindo tamén como entrada da nova estación, o Desván mudará as pezas almacenadas, pasando a dispoñer de roupa máis primaveral, aínda que sen deixar de lado prendas ou útiles apropiados para a auga, protagonista indiscutible nestas datas”.

“Debido a estes cambios, o persoal de Servizos Sociais encargado do Desván e un pequeno grupo de voluntarias, a marioía delas pertencentes ás Amas de Casa Laxeiro, aproveitarán os próximos días para gardar todos aqueles artículos e zapatos de abrigo de cara ao próximo inverno e de recuperar as entregas feitas na primavera e no verán pasado para que desde o primeiro xoves do mes de abril pidan estar á disposición de todas as persoas solicitantes”, explica a responsable municipal

Os/as interesados/as en facer as súas doazóns poden achegarse ata o Desván todos os xoves en horario de 10 a 12 e de 16 a 18 horas. De non ser posible a estas horas estipuladas deberán poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais a través do teléfono 986 78 00 14 para concretar un día e unha hora na que poder facer a entrega

ARTÍCULOS QUE MÁIS SE NECESITAN

Nos 25 meses que leva en funcionamento o Desván municipal recibiu máis de 25.000 útiles e tivo un total de 560 solicitudes rexistradas de familias con dificultades, das que 40 son peticións desde xaneiro deste ano. As demandas de artículos sen estar cubertas ao 100% son: roupa e calzado deportivo en xeral; roupa de nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos e de nenas entre os 2 e os 6 anos; mobiliario en xeral e cadeiras-carriños de bebé, de todos os treitos de idade (recén nacido, paseo, para coche) e tamén berces.

Todas as entregas efectuadas no Desván recóllense nun libro de rexistro de entradas onde constan os datos da persoa doadora, o tipo de peza, a talla e os posibles destinatarios, ao igual que as solicitudes que constarán nun libro de rexistro de saídas, coas mesmas anotacións.

1 de abril de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.